Who cast that first fateful tomato that started the La Tomatina revolution? The reality is no one knows. Maybe it was an anti-Franco rebellion, or a carnival that got out of hand. According to the most popular version of the story, during the 1945 festival of Los Gigantes (a giant paper mâché puppet parade), locals were looking to stage a brawl to get some attention. They happened upon a vegetable cart nearby and started hurling ripe tomatoes. Innocent onlookers got involved until the scene escalated into a massive melee of flying fruit. The instigators had to repay the tomato vendors, but that didn't stop the recurrence of more tomato fights—and the birth of a new tradition.
Fearful of an unruly escalation, authorities enacted, relaxed, and then reinstated a series of bans in the 1950s. In 1951, locals who defied the law were imprisoned until public outcry called for their release. The most famous effrontery to the tomato bans happened in 1957 when proponents held a mock tomato funeral complete with a coffin and procession. After 1957, the local government decided to roll with the punches, set a few rules in place, and embraced the wacky tradition.
Though the tomatoes take center stage, a week of festivities lead up to the final showdown. It's a celebration of Buñol's patron saints, the Virgin Mary and St. Louis Bertrand, with street parades, music, and fireworks in joyous Spanish fashion. To build up your strength for the impending brawl, an epic paella is served on the eve of the battle, showcasing an iconic Valencian dish of rice, seafood, saffron, and olive oil.
Today, this unfettered festival has some measure of order. Organizers have gone so far as to cultivate a special variety of unpalatable tomatoes just for the annual event. Festivities kick off around 10 a.m. when participants race to grab a ham fixed atop a greasy pole. Onlookers hose the scramblers with water while singing and dancing in the streets. When the church bell strikes noon, trucks packed with tomatoes roll into town, while chants of "To-ma-te, to-ma-te!" reach a crescendo.
Then, with the firing of a water cannon, the main event begins. That's the green light for crushing and launching tomatoes in all-out attacks against fellow participants. Long distance tomato lobbers, point-blank assassins, and medium range hook shots. Whatever your technique, by the time it's over, you will look (and feel) quite different. Nearly an hour later, tomato-soaked bombers are left to play in a sea of squishy street salsa with little left resembling a tomato to be found. A second cannon shot signals the end of the battle. | Quen lanzou ese primeiro fatídico tomate que comezou a revolución de “La Tomatina”? A realidade é que ninguén o sabe. Quizais fose unha rebelión antifranquista, ou un entroido que se descontrolou. Segundo a versión máis popular da historia, durante o festival 1945 de” Los Gigantes” (un desfile de monicreques xigantes de papel maché), os veciños ían simular unha pelexa para chamar a atención. Atoparon un carro cheo de verduras preto deles, e comezaron a tirar tomates maduros. Algúns espectadores inocentes metéronse na refrega, ata que o asunto converteuse nunha guerra de froitas voando polo aire. Os instigadores tiveron que pagarlles os tomates aos vendedores, pero iso non impediu que se repetisen máis loitas con tomates, e deste xeito naceu unha nova tradición. Polo medo a unha escalada incontrolable, as autoridades promulgaron, fixeron a vista gorda, e logo reinstituiron unha serie de prohibicións en 1950. En 1951, os veciños que desafiaron a lei foron detidos ata que o clamor público pediu a súa liberación. A afronta mais famosa contra as prohibicións das loitas do tomate aconteceu en 1957, cando os seus defensores realizaron unha parodia de funeral do tomate mesmo con con ataúde e procesión. Despois de 1957, o goberno local decidiu seguir a corrente, e estableceu algunhas regras, e abrazou esta tola tradición. Aínda que os tomates ocupan o centro de atención, hai unha semana enteira de festividades que levan ata o enfrontamento final. É unha celebraciónen honor dos santos padroeiros de Buñol: a Virxe María e San Lois Bertrán, con desfiles na rúa, música e fogos artificiais ao alegre xeito español. Para coller forzas de cara á inminente baralla, na véspera da batalla sérvese unha paella épica, dándolle así protagonismo ao emblemático prato valenciano de arroz, peixe, azafrán e aceite de oliva. Hoxe en día, este festival irrestrito ten certo orde. Os organizadores han chegado ata o a punto de cultivar unha variedade especial de tomate de sabor desagradable, só para este evento anual. As festas comezan arredor das 10 da mañá, cando os participantes corren para coller un xamón colocado enriba dun poste untado con sebo. Os espectadores reparten auga a mangeirazos, mentres cantan e bailan nas rúas. Cando a campá da igrexa bate o mediodía, os camións cheos de tomates chegan á cidade, mentres berros de "To-ma-te, to-ma-te!" chegan a un ‘crescendo’. Entón, co disparo dun canón de auga, o evento principal comeza. É a luz verde para que os participantes empecen a lanzar e esmagar tomates nunha loita de todos contra todos. Lanzadores de tomates de longa distancia tomate, asasinos de punto en branco, e repartidores de ganchos de medio alcance. Sexa cal sexa a túa técnica, no momento en que todo remata, vas parecer (e sentirte) ben distinto. Case unha hora despois, os bombardeiros enchoupados de tomate quedan para xogar na rúa, nun mar de salsa desfeita no que non queda nada que semelle un tomate. Un segundo tiro de canón sinala o final da batalla. |