Who cast that first fateful tomato that started the La Tomatina revolution? The reality is no one knows. Maybe it was an anti-Franco rebellion, or a carnival that got out of hand. According to the most popular version of the story, during the 1945 festival of Los Gigantes (a giant paper mâché puppet parade), locals were looking to stage a brawl to get some attention. They happened upon a vegetable cart nearby and started hurling ripe tomatoes. Innocent onlookers got involved until the scene escalated into a massive melee of flying fruit. The instigators had to repay the tomato vendors, but that didn't stop the recurrence of more tomato fights—and the birth of a new tradition.
Fearful of an unruly escalation, authorities enacted, relaxed, and then reinstated a series of bans in the 1950s. In 1951, locals who defied the law were imprisoned until public outcry called for their release. The most famous effrontery to the tomato bans happened in 1957 when proponents held a mock tomato funeral complete with a coffin and procession. After 1957, the local government decided to roll with the punches, set a few rules in place, and embraced the wacky tradition.
Though the tomatoes take center stage, a week of festivities lead up to the final showdown. It's a celebration of Buñol's patron saints, the Virgin Mary and St. Louis Bertrand, with street parades, music, and fireworks in joyous Spanish fashion. To build up your strength for the impending brawl, an epic paella is served on the eve of the battle, showcasing an iconic Valencian dish of rice, seafood, saffron, and olive oil.
Today, this unfettered festival has some measure of order. Organizers have gone so far as to cultivate a special variety of unpalatable tomatoes just for the annual event. Festivities kick off around 10 a.m. when participants race to grab a ham fixed atop a greasy pole. Onlookers hose the scramblers with water while singing and dancing in the streets. When the church bell strikes noon, trucks packed with tomatoes roll into town, while chants of "To-ma-te, to-ma-te!" reach a crescendo.
Then, with the firing of a water cannon, the main event begins. That's the green light for crushing and launching tomatoes in all-out attacks against fellow participants. Long distance tomato lobbers, point-blank assassins, and medium range hook shots. Whatever your technique, by the time it's over, you will look (and feel) quite different. Nearly an hour later, tomato-soaked bombers are left to play in a sea of squishy street salsa with little left resembling a tomato to be found. A second cannon shot signals the end of the battle. | Quen lanzou o primeiro e profético tomate que deu inicio á revolución da Tomatina? A verdade é que ninguén o sabe. Puido ter sido unha rebelión antifranquista ou un entroido que se foi das mans. Segundo a versión máis popular da historia, durante a festa dos xigantes e cabezudos de 1945 (un desfile de bonecos xigantes de papel maché), algúns paisanos querían empezar unha pelexa para chamar a atención. Foron dar cun carro de verdura que había perto e comezaron a lanzar tomates maduros. Os inocentes espectadores involucráronse até que a escena se transformou nunha melé descomunal de froita voadora. Os instigadores tiveron que pagar aos vendedores de tomate, pero iso non impediu que se repetisen as pelexas de tomates e que nacese unha nova tradición. Temerosas dunha evolución descontrolada, as autoridades adoptaron, relaxaron e despois reinstauraron unha serie de prohibicións na década de 1950. En 1951 os paisanos que desafiaron a lei foron encarcerados até que unha protesta pública clamou pola súa liberación. A insolencia máis famosa contra as prohicións do tomate tivo lugar en 1957 cando os partidarios representaron un falso funeral do tomate, con cadaleito e procesión incluídos. Despois de 1957 o goberno local decidiu adaptarse á situación, estabeleceu unhas poucas normas e admitiu a tola tradición. Aínda que os tomates son o acto central, unha semana de festexos precede o gran espectáculo final. É a celebración dos santos patróns de Buñol, a Virxe María e San Luis Bertrán, con pasarrúas, música e fogos de artificio ao alegre estilo español. Para xuntar forzas para a inminente pelexa, sérvese unha paella épica a véspera da batalla, exhibindo un icónico prato valenciano de arroz, marisco, azafrán e aceite de oliva. Hoxe en día, esta festa rachada ten algunhas medidas de orde. Os organizadores mesmo cultivan unha variedade especial de tomate pouco apreciada na gastronomía so para o evento anual. A celebración comeza sobre as 10 da mañá, cando os participantes compiten para coller un xamón atado no pico dunha corda engraxada. Os espectadores regan os escaladores con auga mentres cantan e bailan nas rúas. Cando as campás da igrexa tocan mediodía, entran na vila camións cheos de tomates, mentras os cánticos de “to-ma-te, to-ma-te” van a máis. Entón, ao disparar un canón de auga, comeza a festa. Esa é a luz verde para esmagar e tirar tomates nun ataque de todos contra todos. Lanzamentos de tomate de longa distancia, asasinos a queimarroupa e lanzamentos de gancho desde o medio campo. Sexa cal for a túa técnica, cando acabe a festa sentiraste diferente, por dentro e por fóra. Case unha hora despois, bombardeiros enchoupados en tomate quedan xogando nun esvaradío mar de salsa no que pouco queda que se pareza a un tomate. Un segundo canón sinala a fin da batalla. |